:: Convocatoria Reunión Estraordinaria do Consello Galeguista

web_pg

INSERTAMOS INTEGRAMENTE A CONVOCATORIA DO CONSELLO GALEGUISTA QUE SE CELEBRARA NA ILLA DE A TOXA.

O Consello Galeguista é convocado prá reunión estraordinaria a celebrar o vindeiro día 29 de Agosto ás 11.00 horas en 1ª convocatoria e ás 11.30h. en 2ª, no Palacio de Congresos i Esposicións da Toxa (O Grove)

Fago esta convocatoria ó abeiro do artigo 13.3 (“O Consello Galeguista tamén pode ser convocado, con carácter extraordinario <…> a iniciativa do Presidente, para mellor defensa dos intereses do Partido”) e 13.4 (“As sesións extraordinarias serán convocadas coa urxencia que requira o caso”) dos vixentes Estatutos do Partido Galeguista.

O Orde do día da reunión é o seguinte:

1.- Leitura e aprobación, no seu caso, da acta da reunión anterior.

2.-  Análise da situación interna do P.G. e adopción das resolucións que procedan en cada caso. Neste punto da orde do día incrúese o Informe do Presidente.

3.- Informe remitido pola Comisión de Garantías Democráticas e resolucións que procedan.

4.- Asuntos que teñen que ver cos seguintes apartados dos Estatutos do P.G.:

12.1.- Relativo a Congresos Ordinarios i Estraordinarios do Partido.

12.4.- Relativo a examina-la xestión da Executiva Nacional, á que se podería chegar esixirlle as responsabilidades políticas oportunas.

12.6.- Relativo á substitución de vacantes na Executiva Nacional.

12.12.- Relativo a garantir que os modos de xestión dos cargos públicos se adecúen ós comportamentos éticos e democráticos proclamados e defendidos polo Partido Galeguista.

12.27.- Relativo a determina-la política de alianzas do Partido.

12.28.- Relativo a que en caso de transgresións moi graves dos preceptos e das normas do P.G., o Consello Galeguista poderá suspender, ou mesmo disolver, unha Executiva Municipal ou mesmo unha Xunta Municipal. Nestes casos o C.G. nomeará unha Comisión Xestora para dirixir de xeito provisorio á organización no ámbito afectado.

5.- Rogos e preguntas.

Manuel Suárez
Presidente.

http://www.partido-galeguista.org/

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.