:: Convocatoria Reunión Estraordinaria do Consello Galeguista

27/08/2009

web_pg

INSERTAMOS INTEGRAMENTE A CONVOCATORIA DO CONSELLO GALEGUISTA QUE SE CELEBRARA NA ILLA DE A TOXA.

Ler o resto desta entrada »

PESE A TODO ¡NOS SEGUIMOS ADIANTE!

10/06/2009

Anagrm_PGComo único candidato —ata o día de hoxe— que opta á presidencia do Partido Galeguista no vindeiro Congreso que se tería que celebrar o próximo domingo, día 14 de xuño, e que ó parecer foi aprazado (soubemos do citado aprazamento pola publicación da noticia nun medio de comunicación. Aínda hoxe mesmo non nos consta oficialmente o cambio de data. E as persoas que entren na Web do Partido Galeguista poderán comprobar como segue colgada a convocatoria para o vindeiro domingo), e en nome dos homes e das mulleres que conforman as distintas Agrupacións Municipais do P.G. que teñen avalado publicamente a miña candidatura, e que representan o 85% da totalidade das agrupacións do partido, véxome na obriga de saír diante da opinión pública para expresar a nosa posición respecto das manifestacións feitas polo Vicepresidente do P.G., Antonio Varela, nas que anuncia a través dun medio de comunicación o aprazamento do X Congreso que se ía celebrar o próximo domingo, día 14 de xuño:

Ler o resto desta entrada »

Eu no congreso votarei Chesqui

04/06/2009

Suso Martinez López

Suso MarinezEstán errados, crédeme,  aqueles que pensaron en min para liderar unha candidatura ao vindeiro congreso do PG, horizonte que hoxe e imposible, e igualmente agradezo aos galeguistas que me preguntan pola miña posición. Eu quixen deixar escrita a miña posición nesta breve exposición.

Eu entrei no Partido Galeguista da man de Xavier González, do cal eu me considero seguidor político, porque para as xentes deste gran pais o PG representa o mito e a apaixonante empresa da loita pola emancipación da matria. Asi de claro pretendo establecer esta máxima, e por iso neste congreso ten o meu apoio a candidatura de Francisco López Chesqui. Eu entrei no PG porque e o partido dos símbolos contemporáneos da nacionalidade: Afonso Daniel Rodríguez Castelao, Alexandre Bóveda e Ramón Vilar Ponte, que para min sempre constitúen o norte hacia a eterna alba de gloria.

Ler o resto desta entrada »

«A Lei de Costas do Estado dálles “as costas” ós núcleos de vivendas do litoral galego»

03/06/2009

Faro de Vigo. MalpicaMoitas familias galegas están a vivir un gravísimo problema que é produto dunha lei estatal que —unha vez máis— se fixo de «costas» a Galicia, e sen ter en conta a realidade do noso litoral e os núcleos de vivendas asentados ó longo dos 1.500 quilómetros que conforman a nosa franxa costeira e, en moitos casos, con máis de cen anos de antigüidade.

No ano 1988 aparece a denominada «Lei de Costas» que establece o seguinte:

Ler o resto desta entrada »

SAÚDE E TERRA

03/06/2009

Diario de Arousa

ENTRE TODOS. EDUARDO RUBIANES

Eduardo RubianesQueridos amigos: Hoy, me gustaría hablar sobre un tema en donde hace referencia al Partido Galeguista, a Francisco López Chesqui, y a un servidor. El modo pasado de vueltas, de las palabras, da a entender que los que pertenecemos al PG somos una secta, una pandemia, una banda terrorista o algo similar, porque le molesta que nos llamemos entre nosotros, “Hirmáns”. ¿A quién dañamos por ello? ¿A qué viene esta inquina hacia nosotros por su parte? Nos denomina “acólitos de”, “esos tipos”, “para partirse de risa con esos tipos” y de un servidor que soy un “mesías iluminado”, y que dice sentirse un poco periodista porque le dejan publicar alguna que otra columna. Ler o resto desta entrada »

ROLDA DE PRENSA DO CANDIDATO A PRESIDENCIA DO PARTIDO GALEGUISTA EN SADA PARA DAR A COÑECER O SEU PROGRAMA

03/06/2009

anag-historico_modif_50Mañán as 12h no Concello de Sada, na sede do Partido Galeguista sita na rúa Avd. da Mariña nº 58, terá lugar unha rolda de prensa para dar a coñecer os compañeiros de Sada e Xuntas Municipales limítrofes a candidatura a Presidencia do Partido Galeguista de Francisco López “Chesqui”.

Estará presente entre outros compañeiros, o candidato as pasadas eleccións municipais Pedro Agra. Alí repasaremos o programa co que nos presentamos o X Congreso do partido que será o día 14 deste mes de Xuño.


View Larger Map

A ESTRADA. A Xunta Municipal da o seu apoio a Chesqui

28/05/2009

LISTA_PG_ESTRADAO pasado sábado, día 16 de maio, Francisco López Franco reuniuse cos representantes dos concellos do Partido Galeguista que avalan a súa candidatura á presidencia do Partido, no hotel Galatea de Sanxenxo.

Aos representantes dos 12 concellos presentes no acto, hai que sumarlle os que manifestaron o seu apoio ao candidato á presidencia do partido Galeguista, pero que por diversos motivos non puideron asistir á reunión, voto que se verá referendado polos delegados das xuntas locais, que concorrerán ao X Congreso do PG, o próximo día 14 de xuño de 2009.

O partido Galeguista acolle nas súas filas, persoas que souberon demostrar que traballan por e para, que Galicia mellore as condicións de vida do seu pobo, persoas involucradas co día a día que con humildade e moderación demostran a súa honestidade.

Cremos que o pobo galego debe ter en conta ,que os Galeguistas sabemos que nada na vida é fácil, e que a única maneira de que o país progrese é con traballo, loitando día a día polo que a un pobo como o galego se lle recoñeceu dende tempos atrás, sentimento, esforzo e honestidade.

Francisco López Franco ( Chesqui) , histórico militante do PG e agora candidato á presidencia do Partido Galeguista,é un máis deses homes con perfil Galeguista que a organización posúe e que se mostra firmemente convencido de que o noso pobo ten as características necesarias para situar a Galicia nun enclave privilexiado e desenvolvido dentro do panorama español e europeu.

A agrupación estradense estivo presente na reunión do día 16, mostrando o seu total e incondicional apoio á candidatura de Francisco López, desexando ao mesmo tempo que os actos do día 14 de xuño celébrense coas máximas garantías de éxito, posicionando ao PG dentro da esfera política do país.

Xunta Municipal da Estrada

Anagrm_PG

Cara a un novo Partido Galeguista

28/05/2009

Sinatura convidada. OLEGARIO SOTELO BLANCO

SOTELO_BLANCO_blogEn Galicia temos un Parlamento formado por tres forzas políticas: PPdeG, PSdeG e BNG. Hoxe en día ten a maioría o Partido Popular, pero as outras dúas opcións políticas tiveron o poder na última lexislatura e na oposición tentarán representar os seus votantes e controlar a acción do Goberno da Xunta de Galicia. Certamente, son opcións de peso, cunha ampla experiencia na política autonómica, pero existen outros partidos políticos que, aínda que sexan minoritarios, están avalados polos votos da sociedade galega. Un destes partidos é o Partido Galeguista: unha formación política que, a través da historia, quere acadar o protagonismo necesario para poder ilusionar a xente e, deste xeito, levar o seu ideario e as súas propostas á Cámara galega. Neste momento vemos como se está tratando de relanzar esta formación política, que tivo moitos avatares históricos, pero no momento actual e durante os trinta anos da actual democracia quedou esquecido e carente de forza e de protagonismo.

Ler o resto desta entrada »

La agrupación local del Partido Galeguista apoya la candidatura de Francisco López «Chesqui»

28/05/2009

anxo_padrónU.L. 27/5/2009 La agrupación local del Partido Galeguista de Padrón firmó la semana pasada un aval para apoyar la candidatura de Francisco López Chesqui como presidente de la formación a nivel de Galicia. Por parte de la agrupación padronesa del PG, estuvieron en el acto de firma el presidente, Manuel Montenegro, y la secretaria, Rocío López, quienes expresaron su «total apoio» a la candidatura de Chesqui, en quien confían para darle un «impulso» al Partido Galeguista con vistas a obtener representación en el Parlamento de Galicia.

El aval fue firmado en Padrón, aunque le fue entregado en Vilagarcía, donde Francisco López presentó avales que representan el apoyo del 85% de las agrupaciones locales del PG de la comunidad. Ayer, la formación galleguista de Padrón recordó que Chesqui lleva 28 años militando en el PG y que, tras unos años en segundo plano, decide ser candidato en el actual momento político porque cree que «Galicia pode e debe cambiar».

Asimismo, desde la agrupación padronesa se habla de que el actual escenario político refleja que muchos ciudadanos están cansados de las tres principales formaciones políticas, de modo que unos y otros gobernaron e «os resultados están a vista».

PRESENTACION DOS AVALES DAS AGRUPACIONS GALEGUISTAS EN VILAGARCIA

23/05/2009

anag-historico_modif_50Onte tivemos unha roda de prensa en Vilagarcía para presentar diante dos medios de comunicación os avales que refrendan a candidatura de Francisco López “Chesqui” a Presidencia do Partido Galeguista.

O 85% das Xuntas Municipais do PG avalaron onte a candidatura de Chesqui. Aquí deixamos un resumo de prensa do acto.

resumen-de-prensa


Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.